Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Observación

Definición:

percepción de obxectos, axentes, acontecementos e procesos, organizada e controlada de forma sistemática. Trátase dunha técnica de investigación que dá conta do desenvolvemento de todos os fenómenos anteriores sen pretender modificala. Se as persoas obxecto da observación saben que se está levando a cabo, fálase de observación aberta (en inglés, open-ended observation). No caso contrario fálase de observación encuberta (en inglés, unobstrusive observation). Segundo Chaudron (1988), pódese falar de catro tradicións distintas de observación no ámbito concreto do ensino e aprendizaxe de linguas:

  1. a tradición psicométrica;
  2. a análise interaccional;
  3. a análise do discurso; e
  4. a etnografía ou etnometodoloxía.

Entre os temas que teñen recibido máis atención desde a observación destacan dous: o comportamento do estudante (estratexias empregadas na aprendizaxe, tipo de preguntas utilizadas, uso da tradución), e a conduta do docente (uso da L1, técnicas de corrección de erros). Ademais, a observación tamén se vén empregando como medio ou ferramenta auxiliar na formación inicial e ata permanente do profesorado. É evidente que a observación pode achegar información de primeira man con implicacións directas no desenvolvemento profesional do profesor.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Allwright, R. L. 1988. Observation in the Language Classroom. London: Longman.

Chaudron, C. 1988. Second Language Classrooms. Research on Teaching and Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Waynryb, R. 1992. Classroom Observations Tasks: Resource Book for Language Teacher and Trainers.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Observación
Inglés: 
Observation
Francés: 
Observation
Alemán: 
Beobachtung
Italiano: 
Osservazione
Polaco: 
Obserwacja
Portugués: 
Observação
Ruso: 
Наблюдение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/observacion, con data de acceso 25/04/2024).