Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Sistema de categorías

Definición:

Tamén sistema categorial.

Sistema de observación empregado para valorar e clasificar os diferentes comportamentos de docentes e discentes dentro da aula. Existen varias tipoloxías de categorías distintas para observar e describir as clases de segundas linguas; entre elas pódense mencionar o COLT (Communicative Orientation of Language Teaching), é dicir, “Orientación comunicativa no ensino de linguas” (Spada e Fröhlich, 1995), e o FOCUS (Foci on Communication Used in Settings), é dicir, “Focos sobre a comunicación utilizada en diversas contornas” (Fanselow, 1987). Os sistemas de categorías tentan proporcionar un conxunto de etiquetas que se poidan empregar para describir con obxectividade todo o que ocorre na aula. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fanselow, J. F. 1987. Breaking Rules: Generating and Exploring Alternatives in Language Teaching. New York: Longman.

Spada, N. & Fröhlich, M. 1995. COLT: Communicative Orientation of Language Teaching Observation Scheme: Coding Conventions and Applications. Sidney: National Centre for English Language Teaching and Research.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Sistema de categorías
Inglés: 
Category system
Francés: 
Système de catégories
Alemán: 
Kategoriensystem
Italiano: 
Sistema basato su categorie
Portugués: 
Sistema de categorias
Ruso: 
Система категорий
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/sistema-categorias, con data de acceso 19/04/2025).