Van Ek, J. A. & Alexander, L. G. 1975. Threshold Level English. Oxford: Pergamon Press.
Sistema de aprendizaxe de linguas proposto polo Consello de Europa na década dos 70 do século pasado, deseñado para atender ás necesidades individuais de cada estudante; consiste en dividir a disciplina de estudo en unidades relacionadas de menor alcance dependendo das devanditas necesidades. Unha vez establecidas as unidades, cómpre determinar con claridade os obxectivos de aprendizaxe adecuados ás necesidades do estudante ou grupo de estudantes ao que van dirixidas, de xeito que formen un sistema integrado, é dicir, de xeito que tódolos obxectivos das unidades deste sistema poidan ser definidos con referencia aos mesmos criterios. Cando os estudantes completan con éxito unha unidade, reciben un certificado ou recoñecemento oficial conforme a teñen completado.
Para establecer os obxectivos de cada unidade cómpre especificar as situacións nas que se vai empregar a lingua meta, as actividades que terá que realizar o estudante, as funcións lingüísticas que deberá ser quen de manexar, as nocións de carácter xeral que precisará coñecer para ser quen de tratar diversos temas empregando a lingua estranxeira, as formas lingüísticas (palabras, frases, etc.) que terá que aprender e, para rematar, o grao de dominio que será preciso que acade en cada destreza.
O nivel máis básico de destreza lingüística xeral recoñecido dentro dun sistema de unidade-crédito é o nivel soleira.
Van Ek, J. A. 1976. The Threshold Level for Modern Foreign Languages. Strasbourg: Council of Europe.