Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Noción

Definición:

Categoría semántico-gramatical que xunto coas categorías de función comunicativa forma parte dun programa nocional-funcional tal como é descrito por Wilkins no seu traballo para o Consello de Europa (Wilkins, 1972, 1978). As nocións non son unidades léxicas, é dicir, non son elementos discretos portadores de significado concreto como os que forman parte do vocabulario da lingua, senón conceptos descritivos xerais que agrupan diversas unidades léxicas e grupos de unidades léxicas. Entre as principais nocións dunha lingua atópanse as de tempo, caso, cantidade e lugar. Son categorías semántico-gramaticais porque expresan un significado, e a expresión deste significado adoita ir ligada a unha determinada forma gramatical en cada lingua (por forma gramatical enténdese non só a unidade palabra, senón tamén unidades de rango superior como a frase ou a cláusula. Así, por exemplo, a noción de tempo en inglés adoita expresarse mediante adverbios ou frases adverbiais do tipo now, later, yesterday, on the 23rd of April 1957, at a quarter to ten, tomorrow, next week, etc., (agora, máis tarde”, onte, o 23 de abril de 1957, ás dez menos cuarto, a próxima semana, etc.), e tamén mediante cláusulas temporais como It must be finished when I come back ou It must be finished by the time I leave (Ten que estar terminado para cando eu volva; Ten que estar terminado para cando marche).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Wilkins, D. A. 1972. Linguistics in Language Reading. London: Edward Arnold.

Wilkins, D. A. 1976. Notional Syllabuses. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Noción / concepto
Inglés: 
Notion
Francés: 
Notion / concept
Alemán: 
Notion / Begriff
Italiano: 
Nozione / concetto
Polaco: 
Pojęcie
Portugués: 
Noção / conceito
Ruso: 
Понятие / концепция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/nocion, con data de acceso 10/11/2024).