O Instituto Goethe Inter Nationes é o resultado da fusión do Instituto Goethe (fundado en 1951) e a organización Inter Nationes (fundada en 1952). Trátase dunha organización internacional orientada cara ao ensino da lingua e a cultura alemás, cuxos principais obxectivos son a promoción do coñecemento do idioma alemán no estranxeiro, o fomento do intercambio e a cooperación cultural entre países e a difusión de información sobre a cultura, a política e a sociedade alemás. Con sedes en Munich e Bonn, o Instituto conta actualmente con máis de cen centros distribuídos en sesenta e seis países. Entre as súas actividades destaca, por exemplo, a organización de actos culturais no ámbito das ciencias, as artes e as letras (conferencias, coloquios, simposios, talleres, concertos, exposicións, ciclos de cine, programas de radio e televisión, producións teatrais e de baile clásico e moderno, etc.). No concernente ao ensino do alemán como lingua estranxeira, o Instituto Goethe ofrece, tanto dentro como fóra de Alemaña, cursos xerais e especializados de lingua alemá, realiza exames de distintos niveis e expide certificados e diplomas oficiais. As súas actividades abranguen asimesmo a promoción do ensino do alemán mediante a organización de actividades culturais para profesores e estudantes ou cursos para a formación do profesorado e para a actualización dos métodos e materiais de ensino. ⇒ tamén Apéndice I <http:// www.goethe.de>.
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
Goethe Institut (GI)
Definición:
Correspondencia noutros idiomas
Español:
Goethe Institute (GI)
Ruso:
Гете Институт
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/goethe-institut-gi, con data de acceso 05/11/2024).