Zabala Vidiella, Antoni. 1995. La práctica educativa: cómo enseñar. Barcelona: Graó, 1995.
Forma ou método de organizar contidos centrado no alumno que abarca un grupo de áreas, asignaturas ou temas de acordo coas necesidades do discente en torno a un eixo central. Parte dunha aproximación totalizadora da realidade e da experiencia. Este método permite a integración de diversos contidos que transcenden a unha única disciplina. Dalgún xeito, pódese considerar como un tipo de aprendizaxe significativa xa que permite establecer conexións entre o que alumno xa coñece e o que se lle está a aprender. De acordo con Zabala Vidiella (1995), o método ou traballo con proxectos, tan común no ensino de linguas, pode cualificarse como un método globalizado, xa que parte dos intereses do alumno no estudo dalgún tema próximo a súa realidade e pretende incluir todos os coñecementos adquiridos. Outros métodos globalizadores son os centros de interese, os complexos de interese de Freinet e o sistema de complexos da escola de traballo soviética. ⇒ traballo con proxectos e aprendizaxe global.