Fried Booth, D. 1986. Project-Work. Oxford: Oxford University Press.
actividade que se centra na realización dunha serie de tarefas relacionadas por parte dun estudante de xeito individual ou en grupo. Cómpre sinalar que gran parte deste tipo de traballo se leva a cabo fóra da aula. Pódense distinguir tres fases principais na realización dun proxecto:
- Fase de planificación ou programación de toda a tarefa dentro da aula. Os estudantes e o docente discuten o contido e o ámbito do proxecto, ademais das súas necesidades. Por outra banda, anticipan as posibles dificultades coas que se van atopar.
- Realización do proxecto. Fóra da aula, os alumnos poñen en práctica as tarefas deseñadas na etapa anterior (por exemplo, facendo entrevistas e gravacións, recollendo a información necesaria, fotografando aquilo que consideren pertinente, etc.).
- Control e seguemento. Esta fase abrangue sesións de intercambio de ideas por parte do profesor e mais dos participantes, durante e despois do proxecto. Así mesmo, é importante que se presenten os resultados do proxecto a toda a clase. Os docentes poderán tamén explotar pedagoxicamente o material confeccionado e presentado polo propio alumnado.
No ensino de linguas considérase que o traballo con proxectos é un tipo de aproximación pedagóxica que promove a aprendizaxe cooperativa a través de tarefas con obxectivos comunicativos realmente auténticos, xa que están moi próximos á vida real.
Un exemplo concreto de traballo con proxectos sería a realización dun libro sobre animais coa colaboración da clase empregando como punto de partida unha historia que os estudantes xa coñecen. Poderíase acompañar o libro cunha cinta gravada cos ruidos que emiten os animais da historieta. Outro exemplo que tampouco ten moita complexidade sería a confección dunha guía turística e informativa sobre a cidade, vila ou barrio onde viven os estudantes.
Hutchinson, T. 1991. Introduction to Project Work. Oxford: Oxford University Press.
Ribé Queralt, R. & Vidal Llorens, N. 1995. Enseñanza de la lengua extranjera en la Educación Secundaria: Agenda práctica para aprender y enseñar una lengua extranjera en la ESO. Madrid: Alhambra Longman.
Richards, J. C. & Renandy, W. A. (eds.). 2002. Methodology in Language Teaching. An Anthology of Current Practice. Cambridge: Cambridge University Press.
Willis, J. 1996. A Framework for Task-Based Learning. London: Longman.