Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Material auténtico

Definición:

Material que non foi manipulado con fins pedagóxicos. Trátase do tipo de material que un falante nativo dunha lingua escoitaría, lería ou utilizaría na súa vida ordinaria como, por exemplo, textos tomados de xornais, revistas, follas de información, folletos, cartas de restaurantes, anuncios, programas de televisión ou de radio. Estes textos poden ser moi útiles no ensino das linguas estranxeiras polas seguintes razóns:

  1. Para moitos estudantes estes materiais son máis interesantes que os preparados de xeito específico para un curso de lingua, xa que son reais e, por iso, máis relevantes e motivadores.
  2. Son exemplos de lingua que se utilizan de xeito habitual na vida cotiá. Ao estar expostos a materiais auténticos, os estudantes adquiren formas lingüísticas novas.
  3. Os materiais auténticos mostran elementos culturais dos países onde se fala a lingua estranxeira. Isto tamén brinda a oportunidade de comparar as culturas e expresar opinións sobre elas.
  4. Os materiais auténticos préstanse moi ben para as tarefas auténticas. Por exemplo, ler unha carta dun restaurante e pedir unha comida supón unha boa preparación para o día en que a aprendiz viaxe ao país estranxeiro e teña que pedir o seu propio menú.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.

Harmer, J. 2015. The Practice of English Language Teaching. New York: Longman. 5th edition.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Material auténtico
Inglés: 
Authentic material
Francés: 
Matériel authentique
Alemán: 
Authentisches Material
Italiano: 
Materiale autentico
Polaco: 
Materiał autentyczny
Portugués: 
Material autêntico
Ruso: 
Аутентичный материал
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/material-autentico, con data de acceso 06/12/2024).