Livingstone, C. 1983. Role Play in Language Learning. Harlow: Longman.
Tamén escenificación.
actividade na que os estudantes asumen o papel dun personaxe imaxinario nunha situación dada. Utilizando a súa imaxinación e tendo en conta o que podería pasar en tal situación, os discentes actúan usando a linguaxe e xestos típicos de tal contexto. Por exemplo, para practicar como expresar queixas e desculpas nun idioma estranxeiro, os alumnos poden facer unha dramatización das seguintes situacións:
- Na tinturería.
O estudante A explica que lle estragaron unha peza. O estudante B traballa na tinturería. Descúlpase, pero non está disposto a darlle ningún tipo de indemnización.
- No restaurante.
O estudante A (o cliente) pide un café logo da comida. Cando o estudante B (o camareiro) llo trae, cáelle enriba do cliente. Ante esta situación, o camareiro descúlpase e ofrécese a pagarlle a limpeza da roupa manchada.
A miúdo, as dramatizacións realízanse en parellas, aínda que tamén se poden traballar en grupos máis grandes. Este tipo de actividades ofrecen ao alumno a oportunidade de improvisar moitas situacións da vida real dentro da aula. Pode ser efectiva e moi divertida, aínda que aos alumnos máis tímidos lles custa máis desenvolverse.
Por exemplo, para practicar como expresar queixas e desculpas nun idioma estranxeiro, os alumnos poden facer unha dramatización das seguintes situacións:
- Na tinturería.
O estudante A explica que lle estragaron unha peza. O estudante B traballa na tinturería. Descúlpase, pero non está disposto a darlle ningún tipo de indemnización.
- No restaurante.
O estudante A (o cliente) pide un café logo da comida. Cando o estudante B (o camareiro) llo trae, cáelle enriba do cliente. Ante esta situación, o camareiro descúlpase e ofrécese a pagarlle a limpeza da roupa manchada.
Maley, A. & Duff, A. 1982. Drama Techniques in Language Learning. A Resource Book of Communication Attitudes for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press. 2nd edition.
Porter-Ladousse, G. 1987. Role Play. Oxford: Oxford University Press.
Van Ments, M. 1999. The Effective Use of Role Play: Practical Techniques for Improving Learning. London: Kegan Page.