Chomsky, N. 1965. Aspects of the Theory of Syntax. Cambridge, Mass.: The MIT Press.
En relación cunha lingua determinada, un falante nativo é aquela persoa que a aprendeu de forma espontánea durante a súa infancia e posúe un coñecemento intuitivo sobre as súas estruturas gramaticais e as súas normas de uso, razón pola que os falantes nativos constitúen unha fonte de datos fundamental na investigación lingüística e son con frecuencia preferidos como profesores de segundas linguas. O falante nativo posúe non só a competencia lingüística ou gramatical atribuída por Chomsky (1965), senón tamén unha competencia comunicativa que vai máis aló do coñecemento tácito das regras sintácticas e que implica un entendemento intrínseco das normas sociais e culturais que contextualizan a comunicación (Hymes, 1972).
Hymes, D. 1972. “Models of Interaction of Language and Social Life”, in Gumperz, J. J. & Hymes, D. (eds.). Directions in Sociolinguistics. The Ethnography of Communication. New York: Holt, Rinehart & Winston, pp. 53-75.
Stern, H. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.