Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Tarefa final

Definición:

No enfoque por tarefas, a tarefa final é unha actividade máis ou menos complexa. A súa execución vaise preparando a través dunha serie de tarefas intermedias ou subtarefas. Estas tarefas intermedias están deseñadas para que os alumnos adquiran o léxico, as estratexias comunicativas e, en xeral, as destrezas necesarias para acadar o obxectivo final. A diferenza entre unha tarefa final e un proxecto reside fundamentalmente en que o segundo é moito máis extenso e precisa dun maior grao de implicación dos alumnos na toma de decisións. En xeral, a tarefa final desenvólvese ao longo dunhas poucas clases, decotío unha ou dúas, mentres que un proxecto pode durar todo un curso, e nas tarefas finais o profesor decide practicamente toda a planificación de etapas e o desenvolvemento do traballo. Exemplos de tarefas finais poden ser a escenificación dunha chamada telefónica a un establecemento comercial para facer un pedido, ou a realización dun debate sobre aspectos da cultura local que poden causar problemas de comunicación a un estranxeiro.

Bibliografía: 

Nunan, D. 1989. Designing Tasks for the Communicative Classroom. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 2004. Task-based Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press. 

Zanón Gómez, J. 1993. Claves para la Enseñanza de la Lengua Extranjera (Segundo Ciclo de Primaria). Madrid: MEC.

Zanón Gómez, J. 1999. La enseñanza del español mediante tareas. Madrid: Edinumen.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Tarea final
Inglés: 
Final task
Francés: 
Tâche finale
Alemán: 
Abschliessende Aufgabe
Italiano: 
Compito finale
Portugués: 
Tarefa final
Ruso: 
Последнее задание
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tarefa-final, con data de acceso 15/10/2024).