Ausubel, D. P. 1963. The Psychology of Meaningful Verbal Learning: An Introduction to School Learning. New York: Grune & Stratton.
Tipo de aprendizaxe descrita por Ausubel (1963) no que as nocións aprendidas pasan a formar parte do sistema conceptual e de pensamento do individuo. Para iso o discente terá que realizar unha determinada tarefa que lle sirva para establecer unha conexión máis ou menos definitiva entre os coñecementos previos, é dicir, os que xa ten, e os novos contidos. Contrasta coa aprendizaxe de carácter mecánico ou exclusivamente memorístico no que a aprendizaxe se converte nunha mera fórmula ou rutina.
Nos documentos que recollen os principios psico-pedagóxicos da reforma educativa no noso país incídese de xeito reiterado en que se debe procurar que a aprendizaxe sexa significativa.
Ausubel, D. P. 1968. Educational Psychology -A Cognitive View. New York: Holt, Rinehart and Winston.