Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Hipótese da orde natural

Definición:

Esta hipótese mantén que na adquisición da primeira lingua os nenos seguen unha orde natural. Os estudos sobre morfemas desenvolvidos nos anos 70 do século pasado mostraban a existencia nas distintas linguas dunha orde fixa na adquisición de varios morfemas ou elementos flexivos das mesmas. Iso quere dicir que esta adquisición pasa por diferentes estadios ou etapas; así, por exemplo, a adquisición das formas de pasado en inglés atravesa primeiro unha fase de escaso uso de formas regulares, incluíndo sobrexeneralizacións ata chegar á adquisición total do morfema.

Os estudos sobre a orde natural aplicáronse posteriormente á segunda lingua. As investigacións de Krashen mostraron que certos morfemas en inglés son adquiridos antes que outros; así, por exemplo, as formas en -ing e os plurais adquírense antes que os verbos auxiliares ou que a terminación -s da terceira persoa do singular do presente simple. En termos semellantes estudouse a orde de adquisición do español, o francés e o alemán, por exemplo. Esta hipótese foi obxecto de serias críticas; entre elas destacan a ausencia de estudos do contexto relativo ao método de investigación, a limitación da investigación a uns morfemas determinados e a carencia dunha base teórica firme e coherente. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dulay, H. & Burt, M. 1974. “You can’t Learn without Goofing”, in Richards, J. C. (ed.). Error Analysis. London: Longman, pp. 95-123.

Krashen, S. D. 1981. Second Language Acquisition and Second Language Learning. Oxford: Pergamon Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Hipótesis del orden natural
Inglés: 
Natural order hypothesis
Francés: 
Hypothèse de l'ordre naturel
Alemán: 
Hypothese der natürlichen Erwerbssequenz
Italiano: 
Ipotesi dell'ordine naturale
Polaco: 
Hipoteza naturalnego porządku
Portugués: 
Hipótese da ordem natural
Ruso: 
Гипотеза естественной последовательности при усвоении языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/hipotese-orde-natural, con data de acceso 19/09/2024).