Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.
Tamén secuencia de adquisición.
Fases que se suceden na adquisición de novas estruturas gramaticais, como por exemplo as oracións interrogativas, negativas ou de relativo. Estas fases ou secuencias de adquisición están presentes tanto no caso da L1 como no da L2, aínda que o seu desenvolvemento varía dunha situación a outra. Ademais, estas secuencias consisten moitas veces en regras de transición cara á norma da lingua meta. Por exemplo, na adquisición da negación en inglés como L2, o desenvolvemento da secuencia pode comezar cun núcleo seguido dunha negación: water flowers no (“auga flores non”); pode continuar coa inclusión de formas negativas en oracións afirmativas: There no cameras, (“alí non cámaras”); seguidamente, auxiliares do tipo don’t e can’t poden aparecer nunha terceira etapa, para rematar coa incorporación de regras como auxiliar + not: I don’t want my breakfast (“Non quero o meu almorzo”). Por outra banda, o concepto de secuencia de adquisición ou secuencia evolutiva adoita distinguirse da orde de adquisición.
Felix, S. 1987. Cognition and Growth. Dordrecht: Foris.
Odlin, T. 1989. Language Transfer. Cambridge: Cambridge University Press.