Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Papel do profesorado

Definición:

Estatuto e función do docente na educación. No campo do ensino de linguas estranxeiras, o papel do profesor está estreitamente ligado tanto aos supostos sobre a lingua como ao ensino da lingua dentro do enfoque ou método adoptado. Mentres algúns métodos de ensino (como, por exemplo, o método audiolingüe ou o método da gramática e a tradución) presentan ao docente como fonte de coñecementos e director, outras aproximacións de ensino preséntano como guía, catalizador ou simplemente modelo de aprendizaxe. Por iso, o papel do profesor está relacionado cos seguintes aspectos:

  1. o tipo de función que leva a cabo;
  2. o control que exerce sobre como se debe desenvolver a aprendizaxe;
  3. o grao no que o docente é responsable de determinar o contido do que se ensina; e
  4. os esquemas de interacción que se desenvolven entre docentes e discentes na aula.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Wright, T. 1987. Roles of Teachers and Learners. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Papel del profesor
Inglés: 
Teacher role
Francés: 
Rôle de l'enseignant
Alemán: 
Lehrerrolle
Italiano: 
Ruolo dell'insegnante
Polaco: 
Rola nauczyciela
Portugués: 
Papel do professor
Ruso: 
Роль учителя
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/papel-profesorado, con data de acceso 05/12/2024).