Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método audiolingüe

Definición:

Tamén método audio-oral, método audio-lingual ou método audiolingüístico.

método de ensino de linguas que foi posto por primeira vez en práctica nos Estados Unidos a partir da Segunda Guerra Mundial e que logo se estendeu ao resto do mundo. O fin básico que persegue é o de potenciar as destrezas lingüísticas de comprensión e expresión oral, como base sobre a que se desenvolven posteriormente as de lectura e escritura, así como a aprendizaxe indutiva das regras gramaticais.

O enfoque sobre o que se fundamenta este método recolle achegas da lingüística estruturalista americana e a corrente condutista en psicoloxía. As súas características fundamentais son as seguintes:

  1. Teoría da lingua. A lingua é un sistema de estruturas gobernado por regras e organizado xerarquicamente.
  2. Teoría da aprendizaxe. Insístese na formación de hábitos como base da aprendizaxe e no feito de que a práctica das destrezas orais debe preceder ás escritas.
  3. Obxectivos. Para lograr un dominio da lingua como o do falante nativo, as estruturas lingüísticas (sons, morfemas, etc.) han de presentarse de forma controlada.
  4. programa. Presentación controlada e graduada de elementos lingüísticos fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos, recorrendo á análise contrastiva entre a lingua materna e a segunda lingua.
  5. Actividades. Memorización de diálogos e exercicios de repetición.
  6. papel do alumno. O alumno debe aprender a producir o comportamento lingüístico agardado.
  7. papel do profesor. O docente actúa como modelo a imitar por parte do alumno e controla en todo momento a dirección e o ritmo do ensino.
  8. materiais didácticos. Os materiais han de estar orientados ao profesor, que poderá utilizar cintas de audio e medios visuais.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cerezal Sierra, F. 1996. “Foreign Language Teaching Methods”, in McLaren, N. & Madrid, D. (eds.). A Handbook for TEFL. Alcoy: Marfil, pp. 161-186.

Larsen-Freeman, D. 1986. Techniques and Principles in Language Teaching. New York: Oxford University Press.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Sánchez Pérez, A. 2009. La enseñanza de idiomas en los últimos 100 años. Métodos y Enfoques. Madrid: SGEL.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método audiolingüe
Inglés: 
Audiolingual method
Francés: 
Méthode audio-linguistique
Alemán: 
Audiolinguale Methode
Italiano: 
Metodo audiolinguistico
Polaco: 
Metoda audiolingwalna
Portugués: 
Método audiolingual
Ruso: 
Аудиолингвальный метод
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-audiolingue, con data de acceso 07/12/2024).