Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise contrastiva

Definición:

Corrente desenvolvida durante os anos 50 e 60 do século XX baseada na comparación de dous sistemas lingüísticos. De acordo con esta teoría, os erros que cometen os discentes poden predicirse observando as diferenzas entre a súa lingua nativa e a lingua que pretenden aprender. Así, os erros son considerados como o resultado da interferencia que se produce cando o aprendiz transfire hábitos lingüísticos da lingua nativa á segunda lingua, en estruturas nas que ambas as linguas difiren. Canto maior sexa a diferenza entre dúas linguas, maior é a posibilidade de interferencia. Esta idea está relacionada coa noción de estímulo-resposta do condutismo, teoría psicolóxica que subxace á análise contrastiva. Paulatinamente, a análise contrastiva foise abandonando en favor da análise de erros. Os puntos débiles da análise contrastiva poden resumirse nos seguintes principios:

  1. non todos os erros que se cometen na segunda lingua se deben á interferencia da lingua materna;
  2. non todos os erros que predí a análise contrastiva ocorren na realidade; e
  3. confúndense os conceptos de diferenza e dificultade; o primeiro é un concepto lingüístico mentres que o segundo ten un carácter psicolóxico.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

James, C. 1992. Contrastive analysis. London: Longman.

Lado, R. 1957. Linguistics across Cultures: Applied Linguistics for Language Teachers. Ann Arbor, Michigan: University of Michigan.

Wardhaugh, R. 1970. “The Contrastive Analysis Hypothesis.” TESOL Quarterly 4:123-136. (Traducción al español en Liceras, J., 1992).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis contrastivo
Inglés: 
Contrastive analysis
Francés: 
Analyse contrastive
Alemán: 
Kontrastive Analyse
Italiano: 
Analisi contrastiva
Polaco: 
Analiza kontrastywna
Portugués: 
Análise contrastiva
Ruso: 
Сопоставительный анализ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-contrastiva, con data de acceso 07/12/2024).