Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingüística contrastiva

Definición:

Disciplina lingüística que se ocupa da comparación de subsistemas equivalentes de dúas ou máis linguas (por exemplo, en fonoloxía, o subconxunto de formas dentais en inglés /θ, ð/ e en español /t, d, θ/, co fin de describir as similitudes e diferenzas estruturais existentes entre eles e poder deste xeito identificar áreas potenciais de dificultade no seu ensino como segundas linguas ou linguas estranxeiras, así como na tradución de textos dunhas a outras. No caso dos fonemas arriba mencionados, e á vista das súas características, conviría incidir, por exemplo, na calidade dental dos fonemas oclusivos /t/ e /d/ en español, contrastándoa co punto de articulación alveolar que posúen os fonemas ingleses /t/ e /d/.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fisiak, J. 1981. Contrastive Linguistics and the Language Teachers. Oxford: Pergamon.

Jorgensen, J. N. 1982. Contrastive Linguistics. What? How and Why? Where and When? Copenhague: B. Stougaard Jensen.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lingüística contrastiva
Inglés: 
Contrastive linguistics
Francés: 
Linguistique contrastive
Alemán: 
Kontrastive Linguistik
Italiano: 
Linguistica contrastiva
Polaco: 
Lingwistyka kontrastywna
Portugués: 
Linguística contrastiva
Ruso: 
Контрастивная лингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/linguistica-contrastiva, con data de acceso 16/04/2024).