Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método audiovisual

Definición:

método de ensino de segundas linguas desenvolvido en Francia durante os anos 50 do século pasado. Os seus supostos teóricos baséanse nos seguintes principios:

  1. a lingua apréndese por medio da comunicación, pero sempre primando as destrezas lingüísticas orais sobre a escritura;
  2. os elementos lingüísticos que se presentan como novos han de ser situados nun contexto construído mediante imaxes; de aí o uso que se fai de diálogos gravados en cinta que se reproducen xunto con imaxes proxectadas de forma simultánea.

Polo demais, trátase dun modelo moi similar ao método audiolingüe

Entradas relacionadas: 
Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método audiovisual
Inglés: 
Audio-visual method
Francés: 
Méthode audiovisuelle
Alemán: 
Audiovisuelle Methode
Italiano: 
Metodo audiovisivo
Polaco: 
Metoda audiowizualna
Portugués: 
Método audiovisual
Ruso: 
Аудиовизуальный метод
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-audiovisual, con data de acceso 18/04/2024).