Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Imaxes

Definición:

Impresións visuais que podemos asociar mentalmente a unha idea, a unha expresión ou a unha palabra e que facilitan o recordo posterior desta última. Enténdese que canto máis rechamante é unha imaxe, máis fácil resulta recordala. Así, por exemplo, unha impresión mental dun can saltando un valo é máis fácil de reter na memoria ca unha imaxe estática do mesmo can. A elaboración de imaxes pode resultar moi útil como estratexia de aprendizaxe. No estudo de segundas linguas existen certas técnicas que explotan este poder mnemotécnico das imaxes. Un exemplo é a técnica da palabra clave, empregada na aprendizaxe de vocabulario

Bibliografía: 

Glucksberg, S. & Danks, J. H. 1975. Experimental Psycholinguistics: An Introduction. Hillsdale, New York; London: Erlbaum.

O’Malley, J. & Chamot, A. 1990. Learning Strategies in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Imágenes
Inglés: 
Imagery
Francés: 
Images
Alemán: 
Bilder
Italiano: 
Immagine
Polaco: 
Obrazowość
Portugués: 
Imagens
Ruso: 
Изображение / образ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/imaxes, con data de acceso 10/11/2024).