Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Imparcialidade cultural

Definición:

En contextos educativos multiculturais, dise que unha proba de avaliación posúe imparcialidade cultural cando os exercicios e preguntas dos que se compón non parten de presupostos culturais exclusivos dalgún dos grupos de estudantes examinados. Unha pregunta do tipo: O alimento básico da nosa sociedade é:

  1. o pan;
  2. o arroz;
  3. as fabas,

carecería de imparcialidade cultural se se dese como boa unicamente a opción a), sen ter en conta que quizais entre os estudantes examinados poida haber algún que pertenza a un grupo cuxa base de alimentación sexa, por exemplo, o arroz. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Robinson, G. L. N. 1985. Crosscultural Understanding. New York: Prentice Hall.

Seelye, H. N. 1988. Teaching Culture. Lincolnwood, IL: National Textbook Company.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Imparcialidad cultural
Inglés: 
Culture fairness
Francés: 
Impartialité culturelle
Alemán: 
Kulturelle Unparteilichkeit
Italiano: 
Imparzialità culturale
Polaco: 
Bezstronność kulturowa
Portugués: 
Imparcialidade cultural
Ruso: 
Культурная справедливость
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/imparcialidade-cultural, con data de acceso 04/10/2024).