Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Implicación do estudante

Definición:

Termo utilizado no contexto da aprendizaxe informal dunha L2 para referirse á acción de actuar, en oposición á motivación, que representa a intención de actuar. Algúns autores, como Arndt (2023), consideran a motivación como precursora da implicación do estudante. Wang e Mercer (2021) defínena como as características observables e non observables das interaccións dos estudantes coas actividades de aprendizaxe. Arndt distingue catro tipos de implicacións: condutual, referida aos aspectos observables como a duración ou a frecuencia da exposición ás actividades informais; afectiva, relacionada cos estados emocionais durante a realización das actividades; cognitiva, relacionada co grado de concentración do usuario na tarefa; e lingüística, vencellada á medida na que os aprendices se enfocan activamente no procesamento da linguaxe.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Arndt, H. 2023. "Behaviour, thought and feelings", in Toffoli, D., Sockett, G. & Kusyk, M. (eds.). Language Learning and Leisure: Informal Language Learning in the Digital Age. Berlin/Boston: De Gruyter Mouton, pp. 327-358.

Wang, M. T. & Mercer, S. 2021. "Conceptualising willingness to engage in L2 learning beyond the classroom", in Hiver, P., AlHoorie, A. H. & Mercer, S. (eds.). Student Engagement in the Language Classroom. Bristol: Multilingual Matters, pp. 260-270.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Implicación del estudiante
Inglés: 
Student engagement
Francés: 
Engagement des étudiants
Alemán: 
Studierendenengagement
Italiano: 
Coinvolgimento degli studenti
Portugués: 
Envolvimento dos estudantes
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/implicacion-estudante, con data de acceso 15/12/2025).