Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe do inglés en contextos extraescolares

Definición:

Termo utilizado para falar da aprendizaxe do inglés que ten lugar fóra da aula. Foi introducido no campo da adquisición de segundas linguas polas profesoras Sundqvist e Sylvén (Sundqvist & Sylvén, 2016), para referirse máis concretamente á exposición ao inglés como segunda lingua, tanto a través de internet como en situacións do mundo real. Nese sentido, diferénciase do termo aprendizaxe informal en liña, utilizado por Sockett (2014), que se refire unicamente á exposición á actividade en liña como ver vídeos en YouTube ou escoitar música en plataformas dixitais. Ambos termos empréganse para referirse á aprendizaxe informal fóra da aula.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Sockett, G. 2014. The online informal learning of English. Palgrave Macmillan.

Sundqvist, P. & Sylvén, L. K. 2016. Extramural English in Teaching and Learning: From Theory to Practice. London: Palgrave Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje del inglés en contextos extraescolares
Inglés: 
English extramural learning
Francés: 
Apprentisage extrascolaire de l'anglais
Alemán: 
Außerschulisches Englischlernen
Italiano: 
Apprendimento extraescolastico dell'inglese
Portugués: 
Aprendizagem extraescolar de inglês
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-ingles-contextos-extraescolares, con data de acceso 15/12/2025).