Amengual, M. & Alonso, R. 2025. Informal language learning: Expanding the English Learning Horizons Beyond the Classroom. Berlin: Peter Lang.
Tipo de aprendizaxe que ten lugar fóra da aula. Caracterízase pola exposición a actividades nunha segunda lingua máis aló da aula tradicional, como ver películas, escoitar música ou xogar a videoxogos. A aprendizaxe informal pode ser incidental, é dicir, sen que exista o propósito explícito de aprender, pero aínda así se produce aprendizaxe grazas á exposición á segunda lingua. Tamén pode ser consciente, cando se utilizan deliberadamente esas actividades con fins de aprendizaxe. A maioría das investigacións céntranse na aprendizaxe incidental, onde esta se produce como un subproduto da exposición á lingua. As actividades máis frecuentes soen ser ver produtos audiovisuais (películas, series, vídeos en YouTube, etc.), escoitar música e xogar a videoxogos. Aínda que non hai total unanimidade entre os estudos, as investigacións suxiren diferencias por xénero; por exemplo, os homes soen xogar a videoxogos con mái frecuencia que as mulleres. Tamén se detectaron diferenzas en canto á frecuencia de exposición a estas actividades fóra da aula. Mentres que algúns usuarios dedican horas a ver series ou escoitar música, outros apenas lles dedican unhas poucas horas á semana. A maioría dos estudos tamén indican que existe unha relación entre a frecuencia de exposición a este tipo de actividades e o nivel de competencia lingüística en áreas como o vocabulario, a escritura, a compresión oral e a expresión oral. Así mesmo, realizáronse estudos sobre a influencia de variables individuais como a motivación, a ansiedade ou o desexo de comunicarse neste tipo de aprendizaxe informal. Por exemplo, no estudo de Lee e Lee (2020) observouse a relación entre a motivación intrínseca e a aprendizaxe informal.
O termo “informal” refírese ao contexto fóra da aula e non debe confundirse co rexistro informal. A aprendizaxe informal tampouco debe confundirse coa aprendizaxe non formal. Esta última refírese ao uso de materiais didácticos en contextos non académicos, como o uso de DVDs, libros de texto e software específico para a aprendizaxe.
Lee, J. S. & Lee, K. 2020. "The role of informal digital learning of English and L2 motivational self-system in foreign language enjoyment". British Journal of Educational Technology 52/1: 358-373.
Muñoz, C. 2020. "Boys like games and girls like movies: Age and gender differences in out-of-school contact with English". Revista Española de Lingüística Aplicada 33/1: 171-201.
Peters, E. 2018. "The effect of out-of-school exposure to English language media on learners’ vocabulary knowledge". International Journal of Applied Linguistics 169/1: 142-167.
Sockett, G. 2014. The online informal learning of English. Palgrave Macmillan.
Toffoli, D., Socket, G. & Kusyk, M. (eds.) 2023. Language Learning and Leisure: Informal Language Learning in the Digital Age. Berlin/Bosto: De Gruyter Mouton.