Dewey, J. 1956. The Child and the Curriculum &The Child and the Society. Chicago & London: Chicago University Press.
Teoría de aprendizaxe, baseada na filosofía construtivista de John Dewey (1956), que postula, no campo concreto do ensino de linguas, que o proceso de aprendizaxe da segunda lingua se realiza nun contexto social particular (a aula), pero que a verdadeira comunidade de lingua se debe estender máis aló da mesma. Enténdese a aprendizaxe como unha aventura global que implica aprender, entender e identificarse con outra cultura na que a xente utiliza unha lingua distinta da propia. Tanto as ideas lingüísticas como a cultura asimílanse de forma máis adecuada grazas á reflexión e o intercambio con outras persoas (profesores, amigos, falantes nativos, etc.) que poidan axudar ao discente a mellorar o seu potencial de aprendizaxe.
Oxford, R. L. 1997. “Cooperative Learning, Collaborative Learning, and Interaction: Three Communicative Strands in the Language Classroom.” Modern Language Journal 81: 443-456.