Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aprendizaxe colaborativa

Definición:

Método pedagóxico que, en esencia, promove o traballo en parellas ou en grupos reducidos de rendemento heteroxéneo cuxos membros comparten obxectivos de aprendizaxe concretos e se apoian mutuamente para alcanzalos. Trátase dun enfoque afín ao construtivismo que, fronte a modelos tradicionais, sitúa ao discente no centro do proceso, asignándolle un papel activo e outorgándolle responsabilidade na súa propia aprendizaxe individual e no do grupo. Quen sostén a pertinencia de distinguir entre a aprendizaxe cooperativa e a colaborativa adoita sinalar que esta última implica un grao menor de estruturación das tarefas por parte do docente, que se sitúa máis claramente ao mesmo nivel dos alumnos discentes e se limíta a estimular a interacción entre estes e crear un clima propicio ao debate. É precisamente a través do diálogo, a negociación e o contraste de puntos de vista diversos cando se produce unha aprendizaxe máis rica e eficaz. O maior grao de autonomía e responsabilidade que se concede aos discentes na aprendizaxe colaborativa explica que este concepto se empregue con maior frecuencia en relación ás situacións de aprendizaxe no nivel universitario, sobre todo a partir dos traballos de Kenneth Bruffee desde mediados da década de 1970.

Dado o carácter central da interacción entre os discentes, que se materializa en actividades tales como debates, tarefas de resolución de problemas, ensino recíproco, etc. (Barkley et al. 2014), as vantaxes da aprendizaxe colaborativa son especialmente valiosas na aula de lingua. Preparar conceptos para explicalos a outros compañeiros contribúe a consolidar eses coñecementos, ademais de favorecer o desenvolvemento de destrezas comunicativas e sociais. As descricións de experiencias de aprendizaxe colaborativa adoitan destacar o seu efecto positivo sobre a actitude e a motivación dos estudantes cara á aprendizaxe, sobre o desenvolvemento do espírito crítico e a capacidade de reflexión e, en xeral, sobre as relacións interpersoais e o clima de aula (Rodríguez Pereira 2016).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Barkley, E. F., Cross, K. P. & Major, C. H. 2014. Collaborative learning techniques: A handbook for college faculty. Hoboken, New Jersey: John Wiley & Sons. 2nd edition.

Bruffee, K. A. 1973. "Collaborative learning: Some practical models". College English 34/5: 634-643.

Guitert, M. & Pérez-Mateo, M. 2013. "La colaboración en la red: hacia una definición de aprendizaje colaborativo en entornos virtuales". Teoría de la Educación. Educación y Cultura en la Sociedad de la Información 14/1: 10-31.

Lillo Zuñiga, F. G. 2013. "Aprendizaje colaborativo en la formación Universitaria de Pregrado". Revista de Psicología - Universidad Viña del Mar 2/4: 109-142.

Rodríguez Pedreira, N. 2016. "Una experiencia de aprendizaje colaborativo en el aula de francés". Revista de Formación e Innovación Educativa Universitaria 9/2: 91-103.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aprendizaje colaborativo
Inglés: 
Collaborative learning
Francés: 
Apprentissage en collaboration
Alemán: 
Kooperatives Lernen
Italiano: 
Apprendimento collaborativo
Polaco: 
Nauka kooperatywna
Portugués: 
Aprendizagem colaborativa
Ruso: 
Коллаборативное обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aprendizaxe-colaborativa, con data de acceso 25/04/2024).