Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Construtivismo

Definición:

Corrente pedagóxica que defende que o coñecemento é adquirido a través dun proceso de interiorización que se vai desenvolvendo de modo gradual como resultado da interacción do individuo coa súa contorna. Esta teoría pon énfase no poder do ser humano para construír a súa propia realidade sen ignorar a importancia do medio no que se atopa. Xeralmente constrúese a realidade a través de esquemas e guións previos que xa posúe de antemán. Neste sentido todos os modelos de adquisición de linguas de carácter cognitivo e ata interaccionalista conteñen unha vertente que se podería considerar construtivista. A meirande parte dos teóricos da educación coinciden en sinalar a Ausubel, Piaget e Vygotsky como os máximos expoñentes desta corrente educativa.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Carretero, M. 1997. Constructivismo y educación. México: Progreso.

Román Prieto, M. 2009. El constructivismo aplicado a la enseñanza de las lenguas extranjeras. Norderstedt: GRIN Verlag GmbH.

Vygotski, L. S. 1978. Mind in Society. Cambridge, MA: Harvard University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Constructivismo
Inglés: 
Constructivism
Francés: 
Constructivisme
Alemán: 
Konstruktivismus
Italiano: 
Costruttivismo
Polaco: 
Konstruktywizm
Portugués: 
Construtivismo
Ruso: 
Конструктивизм
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/construtivismo, con data de acceso 27/04/2024).