Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Esquema

Definición:

Segundo a Teoría dos Esquemas proposta por Bartlett (1932), o noso coñecemento do mundo organízase en distintos modelos ou constructos cognitivos (esquemas) en función de experiencias previas e do coñecemento da realidade, que permiten organizar a información recibida (verbal e non verbal) na memoria a longo prazo. Os conceptos que se inclúen nestes esquemas actívanse mediante palabras ou enunciados característicos de cada situación comunicativa, facilitando o proceso de comprensión. Inicialmente, Bartlett aplicou a teoría aos métodos de evocación ou recordo dunha historia, estudando como ao ter que volver contar unha historia dos indios americanos, individuos británicos omitían detalles que non se correspondían cos seus esquemas mentais, engadindo outros que si o facían. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bartlett, F. 1932. Remembering. Cambridge: Cambridge University Press.

Plan ou guión dos pasos a seguir na realización dunha redacción ou dun exercicio escrito. Este plan presenta os puntos principais (selección das ideas que se van a expor) que a devandita composición debe cubrir e a orde na que deben ser mencionados (secuenciación das ideas). Nun esquema a información organízase por medio de palabras que sintetizan os puntos ou temas principais, e outras que fan referencia aos detalles que os sustentan.

Bibliografía: 

Herman, W. 1982. The Portable English Handbook. New York: Holt, Rinehart and Winston.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Esquema
Inglés: 
Schema (1)/Outline (2)
Francés: 
Schéma
Alemán: 
Schema (1)/Gliederung (2)
Italiano: 
Schema (1)/Abozzo (2)
Polaco: 
Schemat
Portugués: 
Esquema
Ruso: 
Схема
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/esquema, con data de acceso 07/12/2024).