Han, Z. & Odlin, T. (eds.) 2006. Studies of Fossilization in Second Language Acquisition. Clevedon: Multilingual Matters.
Persistencia dunha forma de interlinguaxe con tendencia á fosilización. Selinker e Han (1997) defíneno tamén como un estado temporal de “atascamento” na aprendizaxe da lingua meta e distinguen catro posibles manifestacións de estabilización:
- aparición non variante, que se produce cando a estabilización e a fosilización forman un continuo;
- retroceso (backsliding), que ten lugar cando reaparecen estruturas de interlinguaxe que se crían erradicadas;
- variación inter-contextual estabilizada, que se manifesta cando as formas acordes coa lingua meta alternan con formas de interlinguaxe dependendo do contexto; e
- variación intra-contextual estabilizada, que se produce cando formas de interlinguaxe e formas acordes coa lingua meta alternan no mesmo contexto e ao azar.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Selinker, L. & Han, Z-H. 2001. "Fossilization: Moving the concept into empirical longitudinal study", in Elder, C., Brown, A., Grove, E., Hill, K., Iwashita, N., Lumley, T., McNamara, T. & O'Loughlin, K. (eds.). Studies in Language Testing: Experimenting with Uncertainty. Cambridge: Cambridge University Press, pp. 276-91.