Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Apoio audiovisual

Definición:

Moitos métodos para o ensino de linguas utilizan o apoio audiovisual en forma de obxectos, xestos e mímica, diapositivas, películas, vídeo, retroproxector, radiocasete, reprodutor de CD e computador como ferramentas que facilitan o ensino e a aprendizaxe dun idioma. Todo o material que recibe a denominación de audiovisual debe combinar un sinal auditivo cunha imaxe visual. Xa que logo, un debuxo no encerado tamén é un apoio audiovisual se está acompañado dunha explicación verbal por parte do docente. As vantaxes dos recursos audiovisuais son as seguintes:

  1. Permiten demostrar o significado dun aspecto da lingua de forma máis directa e rápida que a través dunha explicación exclusivamente verbal. Deste xeito redúcese o tempo no que o profesor fala (o que se denomina en inglés teacher talking time).
  2. Axudan a crear unha clase variada e entretida, polo que o nivel de concentración do alumno será maior.
  3. A linguaxe que se ensina a través dos medios audiovisuais pode ser máis sinxela de recordar, xa que as imaxes tenden a ser máis fáciles de reter na memoria que as simples palabras.
  4. As axudas visuais (carteis, fotos, adornos, mapas) que se colocan de forma permanente dentro da aula axudan a crear un lugar máis estimulante e atractivo onde estudar, e ofrecen un contacto máis prolongado coa cultura do país ou países onde se fala o idioma que se ensina.

Ademais, é posible utilizar o apoio audiovisual en calquera fase do desenvolvemento dunha clase: para atraer a atención de todos os alumnos ao comezo da sesión, para presentar estruturas ou funcións lingüísticas novas ou para repasar algo que foi presentado anteriormente.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.

Stevick, E. 1982. Teaching and Learning Language. Cambridge: Cambridge University Press.

Wright, A. 1974. “Audio-Visual Materials in Language Teaching”, in Allen, J. P. B. & Corder, S. P., (eds.), 1974, pp. 255-277.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Apoyo audiovisual
Inglés: 
Audio-visual aid
Francés: 
Soutien audiovisuel
Alemán: 
Audiovisuelle Unterstützung
Italiano: 
Sostegno audiovisivo
Polaco: 
Pomoc audio-wizualna
Portugués: 
Apoio audiovisual
Ruso: 
Аудиовизуальное пособие
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/apoio-audiovisual, con data de acceso 19/04/2025).