Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Vídeo

Definición:

Medio audiovisual moi empregado no ensino de linguas, que constitúe unha fonte excelente de lingua oral auténtica. Ao ser un medio visual facilita a comprensión e a memorización. O feito de poder ver ás persoas que falan e o contexto en que o fan axuda ao alumno a lembrar a situación e a linguaxe utilizada. Ademais, pódese inferir gran cantidade de información a través dos xestos e a linguaxe corporal.

O vídeo pode motivar moito ao alumno, sobre todo se as actividades están ben concebidas e planificadas por parte do profesor. Para que o material seleccionado sexa apropiado, o persoal docente debe ter en conta a idade e mailos intereses e as necesidades do alumno, ademais do seu nivel de coñecementos.

As películas e outros programas audiovisuais non concebidos para o ensino dunha segunda lingua tamén poden resultar útiles porque motivan ao alumno a comprender, dado o alto contido de drama, acción e/ou humor aportados. Aínda que non sempre é imprescindible buscar unha tarefa para acompañar á actividade, córrese o risco de que, se o vídeo no vai acompañado de actividades para realizar antes, mentres ou despois do seu visionado, os estudantes se aburran ou non tiren todo o partido que se espera desta axuda didáctica.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Allan, M. 1986. Teaching English with Video. Harlow: Longman.

Cooper, R.; Lavery, M. & Rinvolucri, M. 1991. Video. Oxford: Oxford University Press.

Geddes, M. & Sturtridge, G. (eds.) 1982b. Video in the Language Classroom. London: Heinemann.

Leaney, C. & Strange, J. 1987. Video in Action. Cambridge: Bell Educational Trust.

Tomalin, B. & Stempleski, S. 1990. Video in Action. New York: Prentice Hall International.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Vídeo (y su utilización didáctica)
Inglés: 
Video and its uses
Francés: 
Magnétoscope et son exploitation
Alemán: 
Video und sein Einsatz im Unterricht
Italiano: 
Video e suo impiego didattico
Portugués: 
Vídeo e seus usos
Ruso: 
Видео и его использование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/video, con data de acceso 03/12/2024).