Lewis, M. & Hill, J. 1993. Source Book for Teaching English as a Foreign Language. Oxford: Heinemann.
Aparello que se utiliza para proxectar transparencias con debuxos ou textos. As transparencias colócanse enriba dunha placa de cristal horizontal a través da cal se proxecta unha luz. No ensino de linguas o retroproxector ofrece as seguintes vantaxes:
- pódese preparar o material anticipadamente, aínda que tamén é posible escribir sobre as transparencias durante a clase;
- é posible voltar utilizar as transparencias en sesións posteriores;
- o docente pode confeccionar un arquivo de transparencias de uso frecuente que expliquen de forma clara puntos interesantes de gramática, vocabulario ou pronuncia;
- pódese mostrar a información impresa na transparencia de xeito gradual co fin de que o alumno estea unicamente concentrado naquilo que o profesor desexa ensinar ou explicar en cada momento;
- pódense utilizar varias transparencias ao mesmo tempo, unha encima da outra para explicacións detalladas ou que sigan unha serie ou secuencia;
- o profesor pode estar situado fronte á clase sen ter que darlle as costas, tal como ocorre cando escribe na pizarra; e, para rematar,
- é unha axuda visual que pode ofrecer unha dinámica interesante e variada á clase a través da explotación didáctica de follas e láminas superpostas.
Para que o uso do retroproxector sexa efectivo, é conveniente ter en conta os seguintes principios xerais:
- non é conveniente presentar demasiada información nunha transparencia;
- é aconsellable escribir cun tamaño de letra o suficientemente grande e claro;
- é importante enfocar ben; e, para rematar,
- non é recomendable apoiarse exclusivamente nas transparencias como único instrumento didáctico, pois resultaría aburrido e pouco motivador para o alumno.
Nos últimos anos, as presentacións co retroproxector veñen sendo substituídas por outras en computador con programas como Power Point.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Marinho, R. 2010. From the Overhead Projector to the Digital Classroom. Saarbrücken: VDM Verlag
Stanton, N. 1996. Mastering Communication. Basingtoke; London: Macmillan.