Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Exercicio de repetición

Definición:

técnica bastante común nas aproximacións condutistas e estruturalistas ao ensino de segundas linguas utilizada para practicar sons ou modelos oracionales e baseada na repetición ou a práctica dirixida. Un exercicio de repetición que serve para practicar un aspecto da gramática ou da formación de oracións coñécese como práctica de modelos ou patróns.

Os exercicios de repetición son útiles na segunda fase da presentación dunha unidade de lingua, na cal se realiza unha práctica controlada. Estes exercicios permiten que os aprendices practiquen de forma física (articulando as novas palabras e conseguindo sentirse cómodos con elas), e de forma mecánica (utilizando as novas estruturas a través de oracións sinxelas).

Os exercicios de repetición adoitan constar de dúas partes:

  1. o docente proporciona unha palabra ou oración como estímulo, chamada entrada; e
  2. a continuación, os aprendices repiten o que acaba de dicir o profesor.

Existen igualmente diversas modalidades de exercicios semellantes aos de repetición que esixen a substitución ou lixeira transformación de palabras ou estruturas. Por outra banda, o docente deberá conseguir que os exercicios de repetición sexan o máis entretidos posible, variando con frecuencia o seu formato. Ademais, pode axudar á comprensión e diversión do alumnado a través da linguaxe corporal

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Seligson, P. 1997. Helping Students to Speak. London: Richmond.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Ejercicio de repetición
Inglés: 
Drill
Francés: 
Exercice de répétition
Alemán: 
Drillübung
Italiano: 
Esercizio di ripetizione
Portugués: 
Exercício de repetição
Ruso: 
Упражнение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/exercicio-repeticion, con data de acceso 06/12/2024).