Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Entrada

Definición:

Sinal que dá o docente para obter unha resposta dos seus estudantes. Así, por exemplo, para practicar preguntas en inglés: entrada - Job (“Traballo”), resposta – What’s your job? ou Have you got a job? (“Cal é o teu traballo?” ou “Tes traballo?”); entrada – Star sign (“Signo do zodiaco”), resposta – What’s your star sign? (“Cal é o teu signo do zodiaco?”). Un exemplo de entrada en alemán sería o seguinte: Reist du gerne? Welche sind deine bevorzugten Urlausländer? (Gústache viaxar? ¿Cales son os países aos que che gustaría viaxar?”). As entradas poden ser palabras, sinais, accións, etc.

Coa entrada pechada só é posible unha resposta correcta, tal como ocorre no seguinte exemplo en inglés:

When she lost her job she found it very difficult to … the payments on her house.

(”Cando perdeu o seu traballo foille moi difícil … os pagos da súa casa”).

  1. keep on,
  2. keep,
  3. keep at,
  4. keep up

Aquí soamente un dos verbos é correcto (o d). Cunha entrada pechada non hai oportunidade de ser creativo coa resposta; en cambio, unha entrada aberta convida a unha gran variedade de respostas. Este último tipo estimula moito máis porque non se pode predicir o que unha persoa vai contestar e ofrece a posibilidade de inventar respostas orixinais, novas e interesantes.

Exemplos para a clase de inglés:

Write or speak about the following (“Escribe ou fala sobre o seguinte”):

  1. What would you do if you found out from a reliable source that the world was going to end within ten years?

(“Que farías se te decatases, por unha fonte fiable, de que o mundo ía chegar ao seu fin dentro de dez anos?”).

  1. What do you think about the way languages are taught in your country? Is there anything you would change in the language course you are taking part in?

(“Que opinión tes da forma en que se ensinan os idiomas estranxeiros no teu país? Hai algo que cambiarías na clase de inglés que estás seguindo nestes momentos?”).

Bibliografía: 

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Entrada
Inglés: 
Cue
Francés: 
Entrée
Alemán: 
Stichwort
Italiano: 
Spunto
Portugués: 
Pista
Ruso: 
Подсказка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/entrada, con data de acceso 20/04/2024).