Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Modelo

Definición:

Patrón fixo ou estándar de carácter xeral que serve de referente ou marca as pautas de conduta que debe seguir un individuo. A imitación dun determinado modelo (ben sexa o pai, a nai, un profesor ou un amigo) forma parte das diversas etapas do desenvolvemento e formación do individuo.

En ensino e aprendizaxe de linguas, un modelo a imitar polo estudante pode ser a pronuncia ou acento dun falante nativo ou do docente. Asemellar a propia produción lingüística ás pautas marcadas polo modelo constitúe o obxectivo principal tanto do discente como do docente, posto que hai que ter en conta que no ensino de linguas sempre se imparte un determinado modelo lingüístico (por exemplo, a variedade estándar do inglés británico ou do americano, ou a variedade do español falado na Península ou o falado en América do Sur).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dale, P. S. 1980. Desarrollo del lenguaje: Un enfoque psicolingüístico. México D F: Trillas.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Modelo
Inglés: 
Model
Francés: 
Modèle
Alemán: 
Modell / Muster
Italiano: 
Modello
Polaco: 
Model
Portugués: 
Modelo
Ruso: 
Модель
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/modelo, con data de acceso 20/03/2025).