Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Modelado

Definición:

Acto de presentar un modelo (unha oración, unha palabra, unha expresión) a modo de exemplo para aquela persoa que se atopa en proceso de aprendizaxe dunha lingua. Algúns métodos de ensino (por exemplo, o método audiolingüe) poñen énfase na necesidade de que o profesor proporcione modelos exactos para que o alumno os imite. Para os defensores destes métodos, a imitación desempeña un papel crucial na aprendizaxe de linguas; neste sentido, estes modelos contrastan coas posturas mentalistas, que consideran que o proceso de aprendizaxe dunha lingua é fundamentalmente de carácter cognitivo. Na aprendizaxe da primeira lingua, o feito de que os pais produzan estruturas correctas para que os nenos e as nenas as repitan pode denominarse tamén modelado. O efecto do modelado no desenvolvemento lingüístico infantil tense comparado co da expansión e o do estímulo: na expansión, os pais repiten parte do que dixo o neno, pero ampliándoo, por exemplo, con palabras de significado gramatical. Crese que deste xeito o neno desenvolve o seu coñecemento das regras da lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dale, P. S. 1980. Desarrollo del lenguaje: Un enfoque psicolingüístico. México D F: Trillas.

Aspecto ou característica do proceso de aprendizaxe que leva ao alumno a imitar modelos de comportamento que se lle presentan. Así, non é nada raro que un estudante considere ao docente como modelo a seguir nas súas actuacións. Os pais e amigos próximos ao estudante tamén adoitan constituírse en modelos a imitar.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Good, T. L. & Brophy, J. E. 1987. Looking in Classrooms. New York: Harper and Row.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Modelado
Inglés: 
Modelling
Francés: 
Modelage
Alemán: 
Modellieren
Italiano: 
Imitazione
Polaco: 
Modelowanie
Portugués: 
Modelização
Ruso: 
Моделирование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/modelado, con data de acceso 11/09/2024).