Skinner, B. 1957. Verbal Behavior. New York: Appleton Century Crofts.
Teoría de aprendizaxe relacionada co condutismo e que ten como máximo expoñente ao psicólogo norteamericano B. F. Skinner (1904-1990). Esta corrente psicolóxica afirma que distintos tipos de estímulos provocan distintos tipos de respostas. O hábito constitúe a relación entre a resposta e o estímulo. O reforzo é un estímulo que segue á resposta e afecta á súa probabilidade de repetición. O reforzo que aumenta esa probabilidade de repetición é positivo, e o que a disminúe, negativo. A extinción prodúcese cando o reforzo non se asocia coa resposta e esta pode chegar a desaparecer. Se a resposta está asociada a un estímulo semellante, coñécese como xeneralización do estímulo. A distinción entre diferentes tipos de estímulos chámase discriminación. A Skinner interesáballe saber como se producen os hábitos. Segundo o condutismo, estes poden observarse e son automáticos e, polo tanto, espontáneos. Para este psicólogo, na asociación do estímulo e a resposta o que interesa é o resultado da resposta e non o estímulo, xa que a conduta que resulta da resposta pode reforzar a asociación. Deste xeito, a aprendizaxe pode darse en forma de imitación cando o estímulo se converte en automático, ou a través do reforzo, dependendo da reacción á resposta.