Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Repetición

Definición:

Estratexia de aprendizaxe de natureza cognitiva utilizada polo alumno, por exemplo, na práctica da pronuncia de certas palabras ou sons, ou no estudo do vocabulario e da gramática

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Oxford, R. L. 1990. Language Learning Strategies. What Every Teacher Should Know. Rowley, Mass.: Newbury House.

O’Malley, J. & Chamot, A. 1990. Learning Strategies in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Wenden, A. & Rubin, J. (eds.) 1987. Learner Strategies in Language Learning. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.

Como técnica didáctica, o docente pode facer repetir unha palabra ou estrutura lingüística aos estudantes, ben individualmente ou en grupo (repetición en coro) con varios propósitos pedagóxicos:

  1. práctica de pronuncia;
  2. consolidación de determinadas estruturas gramaticais;
  3. aumento do grao de autoestima e confianza do alumno: é preciso sinalar que para o estudante cunha personalidade tímida, o feito de repetir cos seus compañeiros diversas formas da L2 pode axudar a elevar o seu nivel de motivación e confianza en si mesmo; e, para rematar,
  4. medio de facer fincapé sobre unha explicación ou instrución concreta; en ocasións é aconsellable que se repita de distintos xeitos ou se parafrasee unha información para que o alumno poida enfrontarse con éxito a un exercicio ou tarefa, ou chegue finalmente a comprender o que o docente está explicando.

É lóxico pensar que a atención do alumnado non está sempre na clase; por iso, o profesorado terá que prever esta circunstancia nas súas planificacións. Así mesmo, adoita resultar positivo para o desenvolvemento da clase presentar a mesma información de modos distintos, por exemplo: primeiro, oralmente, e despois, escribíndoa no encerado.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Lewis, M. & Hill, J. 1993. Source Book for Teaching English as a Foreign Language. Oxford: Heinemann.

Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Repetición
Inglés: 
Repetition
Francés: 
Répétition
Alemán: 
Wiederholung
Italiano: 
Ripetizione
Portugués: 
Repetição
Ruso: 
Повторение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/repeticion, con data de acceso 03/12/2024).