Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Exercicio oral con significado completo

Definición:

Pódese falar de distintos tipos de exercicios de repetición, dependendo do grao de control que estes exerzan sobre a resposta do estudante. Un exercicio oral con significado completo é aquel no que existe certo control sobre a resposta do estudante, aínda que este necesita comprender para producir a resposta correcta. Ademais, ten maior liberdade á hora de empregar vocabulario e resulta máis motivador.

Un exercicio oral mecánico é aquel no que o control exercido sobre a resposta do estudante é total e non é necesaria a comprensión para producir a resposta correcta. Por exemplo, o docente suxire a modo de estímulo: libro / vaso e o discente responde coa estrutura previamente dada: Dáme o libro / vaso.

Exemplos: 

Exemplos tomados do inglés:

O docente (D) le unha oración e o estudante (E) responde:

D: I’m bored. (“Estou aburrido”).

E: Let’s go out somewhere then! (“Imos a algún sitio entón!”).

------------------------------------------------

D: I’m hungry. (“Teño fame”).

E: I’ll get you something to eat. (“Preparareiche algo para comer”).

-------------------------------------------------

D: I’m late. (“Chego tarde”).

E: I’ll give you a lift. (“Lévote no meu coche”).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Paulston, C. B. 1980. “The Sequencing of Structural Pattern Drills”, in Croft, K. (ed.). Readings on English as a Second Language. Cambridge, MA: Winthrop, pp. 148-162.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Ejercicio oral con significado completo
Inglés: 
Meaningful drill
Francés: 
Exercice de répétition avec signification complète
Alemán: 
Bedeutungsvolle Drillübung
Italiano: 
Esercizio meccanico centrato sul contenuto
Portugués: 
Exercício oral com significado completo
Ruso: 
Смысловое упражнение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/exercicio-oral-significado-completo, con data de acceso 14/11/2024).