Seligson, P. 1997. Helping Students to Speak. London: Richmond.
Implica unha práctica completamente controlada por parte do profesor na que non é necesario que o estudante comprenda a forma lingüística que ten que utilizar. O discente limítase a repetir sen cambio algún a estrutura producida polo docente.
Exemplos:
Por exemplo, este di o seguinte exemplo na clase de inglés: I can play the guitar (“Sei tocar a guitarra”). A continuación o alumnado repetirá esta mesma estrutura: I can play the guitar. O docente di I can play the piano e os estudantes repiten I can play the piano (“Sei tocar o piano”). O profesor segue así cambiando os instrumentos musicais e o alumnado repite a estrutura completa en cada caso.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: