Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estratexia cognitiva

Definición:

Tipo de estratexia de aprendizaxe que opera sobre a información recibida manipulándoa ata chegar á aprendizaxe. Require a análise, transformación e síntese dos materiais de aprendizaxe. Existen distintos tipos de estratexias cognitivas: destacan as de repetición, que consisten na imitación dun modelo lingüístico; as de anotación, que se basean en escribir a información que se presenta de xeito oral, e as elaborativas ou asociativas, que se centran en relacionar conceptos novos con información almacenada na memoria

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Oxford, R. L. 1990. Language Learning Strategies. What Every Teacher Should Know. Rowley, Mass.: Newbury House.

O’Malley, J. & Chamot, A. 1990. Learning Strategies in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Wenden, A. & Rubin, J. (eds.) 1987. Learner Strategies in Language Learning. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estrategia cognitiva
Inglés: 
Cognitive strategy
Francés: 
Stratégie cognitive
Alemán: 
Kognitive Strategie
Italiano: 
Strategia cognitiva
Polaco: 
Strategia kognitywna
Portugués: 
Estratégia cognitiva
Ruso: 
Когнитивная стратегия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estratexia-cognitiva, con data de acceso 27/04/2024).