Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Condicionamento operante

Definición:

Tipo de condicionamento que se enmarca dentro da psicoloxía condutista. Segundo este condicionamento, un organismo realiza unha acción que ten un propósito. A forma de comportamento ou acción é o operante. Se o resultado final é favorable, o operante realizarase outra vez; isto constitúe o reforzo, que pode ser positivo ou negativo dependendo do resultado final. Skinner aplicou esta teoría na súa propia experiencia docente creando un programa de ensino de tipo condutista que consideraba aplicable a calquera materia. En opinión deste autor, a aprendizaxe da lingua na infancia baséase no condicionamento operante.

Bibliografía: 

Skinner, B. 1957. Verbal Behavior. New York: Appleton Century Crofts.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Condicionamiento de operantes
Inglés: 
Operant conditioning
Francés: 
Conditionnement des opérants
Alemán: 
Verhaltenskonditionierung
Italiano: 
Condizionamento dell'operante
Polaco: 
Warunkowanie instrumentalne
Portugués: 
Condicionamento operante
Ruso: 
Оперантное кондиционирование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/condicionamento-operante, con data de acceso 03/12/2024).