Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Conciencia metalingüística

Definición:

O termo conciencia metalingüística fai referencia á comprensión de que a lingua constitúe un sistema con regras e, por tanto, un individuo con conciencia metalingüística sabe do carácter arbitrario da linguaxe, coñece os distintos tipos de unidades lingüísticas e os seus niveis, e como se poden manipular e combinar con fins comunicativos para transmitir un número ilimitado de mensaxes. A conciencia metalingüística está estreitamente ligada ao desenvolvemento do bilingüismo (Beceren 2010) e, en xeral, a comprensión do funcionamento do sistema lingüístico constitúe un aspecto crucial na aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Beceren, S. 2010. "Comparison of metalinguistic development in sequential bilinguals and monolinguals". The International Journal of Educational Researchers 1/1: 28-40.

Jessner, U. 2014. Linguistic Awareness in Multilinguals. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Pinto, M. A. & El Euch, S. 2015. "La conscience métalinguistique: théorie, développement et instruments de mesure". Laval: Presses de l'Université Laval.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Conciencia metalingüística
Inglés: 
Metalinguistic awareness
Francés: 
Conscience métalinguistique
Alemán: 
Metasprachliches Bewusstsein
Italiano: 
Consapevolezza metalinguistica
Polaco: 
Świadomość metalingwistyczna
Portugués: 
Consciência metalinguística
Ruso: 
Металингвистические знания
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/conciencia-metalinguistica, con data de acceso 24/03/2025).