Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Conciencia lingüística crítica

Definición:

Enfoque xurdido a partir da análise do discurso e a conciencia lingüística, que postula que un dos elementos primordiais de toda educación lingüística consiste en analizar a lingua como unha forma de práctica social. Preténdese que os discentes adquiran as destrezas necesarias para utilizar os seus coñecementos sobre a lingua como unha forma de análise crítica da sociedade, centrándose preferentemente nos usos manipuladores da lingua por parte de institucións como a prensa, a publicidade ou os políticos.

Bibliografía: 

Alim, H. Samy. 2010. "Critical language awareness", en Hornberger, Nancy H. & Mckay, Sandra Lee (eds.). Sociolinguistics and Language Education. Bristol: Multilingual Matters, pp. 205-231.

Cots, J. M.; Armengol, L.; Arnó, E.; Irún, M. & Llurdá, E. 2007. La conciencia lingüística en la enseñanza de lenguas. Barcelona: Editorial Graó.

Fairclough, N. (ed.) 1990. Critical Language Awareness. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Conciencia lingüística crítica
Inglés: 
Critical language awareness
Francés: 
Éveil au langage critique
Alemán: 
Kritisches Sprachbewusstsein
Italiano: 
Consapevolezza linguistica critica
Polaco: 
Krytyczna świadomość językowa
Portugués: 
Consciência linguística crítica
Ruso: 
Знание критического языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/conciencia-linguistica-critica, con data de acceso 03/12/2024).