Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Currículo

Definición:

Plan de estudos dunha institución docente ou dun sistema educativo. En canto tal, recolle especificacións sobre os seguintes compoñentes:

  1. os fins e obxectivos do ensino;
  2. a selección e gradación dos contidos que constitúen o programa;
  3. os métodos empregados para que os obxectivos e os contidos se leven a cabo na práctica; e
  4. a avaliación dos obxectivos, contidos, métodos e resultados acadados.

Conxunto de factores que interveñen no proceso de ensino e aprendizaxe: materiais, equipos, exames, formación de profesores, etc. Con respecto a estes factores, a institución docente ou o sistema educativo adoptan unha serie de medidas que se concretan en documentos sobre política educativa, programas de estudo, plans de formación do profesorado, materiais, recursos de ensino e actuacións concretas de ensino e aprendizaxe. Estas medidas poden constituír no seu conxunto un plan de acción educativa.

En Estados Unidos úsase con frecuencia o termo curriculum para referirse ao que en países como o Reino Unido se coñece como syllabus, é dicir, os contidos dun programa dunha determinada materia ou curso.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Casanova, M. A. 2009. Diseño curricular e innovación educativa. Madrid: La Muralla. 2ª edición.

Finney, D. 2002. "The ELT curriculum: A flexible model for a changing world", in Richards, Jack C. & Renandya, Willy A. (eds.) Methodology in Language Teaching: An Anthology of Current Practice. Cambridge: Cambridge University Press, pp. 69-79.

García Santa-Cecilia, A. 1995. El currículo de español como lengua extranjera. Madrid: Edelsa.

Nation, I.S.P. & Macalister, John. 2010. Language Curriculum Design. New York: Routledge.

Richards, J. C. 2001. Curriculum Development in Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Currículo
Inglés: 
Curriculum
Francés: 
Curriculum
Alemán: 
Curriculum
Italiano: 
Curricolo / sillabo
Polaco: 
Program nauczania
Portugués: 
Currículo
Ruso: 
Учебный план / куррикулум
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/curriculo, con data de acceso 19/04/2025).