Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Avaliación formativa

Definición:

Tipo de avaliación dos coñecementos do alumnado que se realiza de forma sistemática cada certo tempo ao longo do curso. Persegue como obxectivo principal informar ao alumnado sobre a súa marcha no curso e indicarlle as áreas ás que debe prestar maior atención. Nalgúns casos as probas de avaliación formativa adquiren a forma de tests de autoavaliación. O aspecto positivo da avaliación formativa é que pretende mellorar a aprendizaxe. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Eres Fernández, I. G. M. & Rádis Baptista, L. M. T. 2010. La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco Libros.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Na avaliación de programas de ensino, recollida sistemática de información durante o desenvolvemento dun curso ou programa de estudos para mellorar a súa efectividade. Todos estes datos deberán ser tidos en conta co fin de mellorar as condicións existentes. Neste caso, as decisións que tomen os avaliadores serán numerosas, pero a pequena escala, e terán como consecuencia lixeiras modificacións sobre a marcha do deseño do programa.

Bibliografía: 

McCormick, R. & James, M. 1988. Curriculum Evaluation in Schools. London: Croom Helm. 2nd edition.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Yeoman, G. D. & Beck, A. W. 1987. Curriculum Evaluation. Nottingham: University of Nottingham School of Education.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Evaluación formativa
Inglés: 
Formative evaluation
Francés: 
Évaluation formative
Alemán: 
Formative Beurteilung
Italiano: 
Valutazione formativa
Polaco: 
Ewaluacja formatywna
Portugués: 
Avaliação formativa
Ruso: 
Формативное оценивание
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/avaliacion-formativa, con data de acceso 09/10/2024).