Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Trátase da avaliación ou valoración que realiza o docente do alumnado de modo regular durante todo o programa de estudos: actuacións en clase, traballos e proxectos realizados, exames, etc. A cualificación final reflectiría, polo tanto, o traballo realizado polo alumnado ao longo de todo o curso. A avaliación continua pódese levar a cabo de múltiples xeitos: mediante listas de control cumprimentadas polo profesor ou polo alumnado ao longo do curso, a través da avaliación dunha serie de tarefas específicas ou cunha serie de mostras do traballo dos estudantes en fases diversas de acabado e distintos momentos do curso. A avaliación continua permite ter en conta a creatividade e a constancia no esforzo do discente, aínda que depende moito máis da capacidade do docente para ser obxectivo nas súas apreciacións, podendo chegar a converterse para o estudante nunha continua carreira de obstáculos.
Eres Fernández, I. G. M. & Rádis Baptista, L. M. T. 2010. La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco Libros.
Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.