Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Proba en relación cunha norma

Definición:

exame que se deseña para medir ata que punto os resultados obtidos por un estudante poden compararse cos alcanzados por outros estudantes, cuxos resultados pódense considerar a norma, como, por exemplo, a puntuación media obtida por un grupo de estudantes. Por conseguinte, a puntuación dun estudante interpretarase en relación coas doutros estudantes ou grupos de estudantes, máis que en función dun criterio de puntuación previamente acordado, como é o caso da proba en relación cun criterio.

Un uso práctico da avaliación referida á norma dáse nas probas de clasificación para formar grupos de estudantes de distintos niveis.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Prueba en relación con una norma
Inglés: 
Norm-referenced test
Francés: 
Épreuve en relation avec une norme
Alemán: 
Normorientierte Prüfung
Italiano: 
Prova basata su norme
Portugués: 
Teste de referência normativa
Ruso: 
Нормативный тест
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/proba-relacion-cunha-norma, con data de acceso 20/04/2024).