Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).
Nun sentido moi xeral, secuencia de oracións o enunciados susceptibles de análise lingüística. En certos eidos da lingüística, non obstante, manéxanse definicións máis restritivas deste concepto que esixen que o conxunto de oracións ou enunciados satisfaga certos criterios para que poida ser considerado como texto. A proposta de Renkema (1993), por exemplo, establece, entre outros requisitos, que a secuencia posúa cohesión e coherencia, que a audiencia á que vai dirixida a considere aceptable como texto, e que exista unha intención comunicativa por parte do emisor. Segundo o novo marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Consello de Europa, 2001), o termo texto fai referencia a calquera fragmento de lingua, ben sexa un enunciado oral ou escrito, que os alumnos ou os usuarios da lingua producen, reciben ou intercambian. Non existe acto de comunicación lingüístico se non hai un texto. Así mesmo, os textos desempeñan un papel concreto na aprendizaxe e o ensino de linguas, papel que cómpre identificar tendo en conta as necesidades de explotación didáctica en cada caso.
Renkema, J. 1993. Discourse Studies. An Introductory Textbook. Amsterdam: John Benjamins.