Hudson, K. 1984. Introducing CALL: A Practical Guide to Writing Computer-Assisted Learning Programs. London: Chapman and Hall.
Tamén redacción asistida por computador.
Uso de procesadores de texto para o ensino da composición escrita.
Ademais das vantaxes pedagóxicas dos procesadores de textos, a irrupción do computador e, en xeral, das novas tecnoloxías na aula de linguas supuxo outros avances moi positivos para o ensino da composición.
En primeiro lugar, a posibilidade de practicar a escritura en liña en intercambios comunicativos auténticos con outros aprendices, en tempo real (escritura sincrónica) ou diferido (escritura asincrónica). Para empezar, o feito de que os estudantes poidan interactuar con obxectivos auténticos e precisos e de maneira relativamente autónoma contribúe a incrementar a motivación pola escritura. A comunicación sincrónica a través de ordenadores conectados en rede facilita o intercambio de ideas e fomenta a aprendizaxe colaborativa nos que os estudantes reflexionan, comentan e benefícianse das achegas dos demais. Pola súa banda, a escritura asincrónica en liña, a través do correo electrónico, os foros de discusión, etc., achega a vantaxe engadida de poder contar co tempo suficiente para a planificación, a edición e a reflexión antes de compartir un texto ou reaccionar ás mensaxes doutros participantes, á parte de permitirlle ao alumno entrar en contacto, en maior medida que na comunicación sincrónica, co uso das convencións reais da escritura.
Xunto a estas posibilidades abertas pola comunicación a través de ordenador, no ámbito das tecnoloxías da aprendizaxe de linguas asistido por computador (ALAO) existen numerosos programas informáticos para o ensino-aprendizaxe da escritura, que permiten ao alumno unha aprendizaxe axustada ás súas necesidades, incluído os seus intereses, ritmos e estilo de aprendizaxe, aínda que adoitan adoecer dun enfoque excesivamente atomizado. A introdución do computador na aula de composición achega outras importantes vantaxes, entre elas o acceso a unha infinidade de materiais na internet utilísimos para a preparación de proxectos de escritura, pero tamén de modelos auténticos para a análise en clase.
Por último, quizais una das posibilidades máis interesantes do uso do computador na aula de composición é a utilización de corpus lingüísticos informatizados, principalmente para identificar, utilizando un programa de concordancias, expresións e estruturas características da lingua ou dun rexistro específico, susceptibles de ser utilizadas polo aprendiz nas súas propias composicións.
Hyland, K. 2003. Second Language Writing. Cambridge: Cambridge University Press.
Selfe, C. 1986. Computer Assisted Instruction in Composition: Create your own. London: National Council of Teachers of English